ADRIANA, PROTAGONISTA




A semana do 22 ao 26 de maio Adriana foi a protagonista da clase de 4 anos. Trouxo dous bonecos e un canciño de xoguete para compartir con nós, falounos da súa familia e do que máis lle gusta, e o xoves estiveron os seus pais, Inés e Manuel, e o seu irmán Iago na clase. Trouxeron o libro "O monstro de cores" e tamén o "Emocionario", e axudáronnos a poñerlle nome a algúns dos nosos sentimentos e emocións. Pasámolo moi ben e estivemos moi atentos cando Adriana e Iago os contaron.
Foi unha visita estupenda,... e Adriana unha protagonista xenial!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario