Aroa Alonso, protagonista.

Durante a semana do 24 ao 28 de abril de 2017 na clase de 4 anos tivemos unha nova protagonista, Aroa Alonso. Contounos moitas cousas da súa familia, ensinounos moitas fotos de cando era máis pequena, trouxo varios peluches para compartir,... e tamén un xogo para aprender a debuxar moi divertido!!!

O xoves viñeron con ela ao cole os seus pais, Loreto e Dani, e explicáronnos moitas cousas das abellas, porque eles (e o seu avó) coidan das abellas nas súas colmeas para conseguir un mel estupendo!!! Faláronnos de como é o corpo das abellas, das súas danzas para comunicarse, de como fabrican o mel,... aprendimos moitas cousas!!!
E rematamos a semana facendo o retrato de Aroa, que quedou moi xeitoso e a ela gustoulle moito. Aroa foi unha capitana estupenda toda a semana e unha protagonista xenial!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario