O venres 28 de abril as rapazas e rapaces de Educación Infantil desfrutamos dunha nova festa de cumpreanos. Esta vez festexamos o aniversario de Xián (6 anos) e Aarón, Aroa, Jonathan e Yeray (5 anos).
Primeiro organizamos unha sesión de "luz negra" na biblioteca, na que xogamos con títeres, pintamos, cantamos cancións,... foi un ratiño moi agradable para todos!!!! (Non podemos compartir fotografías porque non puidemos tomar imaxes claras das actividades que fixemos).
E, como é habitual, despois merendamos xuntos na clase de 4 anos, compartindo os postres que trouxeron os cinco homenaxeados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario