Letras galegas 2017

O 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas, e as rapazas e rapaces de Educación Infantil xa coñecemos a Carlos Casares, o escritor ao que se lle adican este ano.

Dende o mes de abril, nas sesións de contacontos que facemos os luns estamos coñecendo algún dos seus libros de literatura infantil. Divertímonos moito coas aventuras de Toribio, gustáronnos os inventos de Leoncio, pensamos outras maneiras para salvar á galiña azul e imaxinamos os paseos en bicicleta de Lolo.


Tamén desfrutamos cos xogos que nos propuxeron as rapazas e rapaces do IES Carlos Casares. Trouxeron xogos e actividades para todos os nenos e nenas do colexio, e nós pasámolo xenial xogando cos quebracabezas (3 anos) e co Xogo do Leoncio (4 e 5 anos). Para agradecer a súa visita as nenas e nenos de 3º, 4º , 5º e 6º do noso cole tocaron unha peza coa frauta no ximnasio.



Nós fixemos todos xuntos unha fermosa Galiña Azul, para decorar a entrada do colexio.


E desfrutamos o martes 16 de maio coa actuación do grupo Queixumes, que tocaron e bailarón para todos nós. Ademáis os nenos e nenas de 2º e 3º fixeron un rap sobre Carlos Casares e as rapazas e rapaces de 4 anos cantaron "O galo canta". 



Ningún comentario:

Publicar un comentario