Contacontos coas familias
O pasado venres 30 de Xaneiro, o equipo de Biblioteca organizou uns contacontos coas familias. Os nenos e nenas de Educación infantil desfrutaron dun ratiño con Marta, a nai de Antía da clase de 5 anos que nos contou 3 contos: A galiña roxa, Marcelo o morcego e os tres porquiños e ata aprendeunos unha panxoliña ben bonita!!
Moitas grazas, Marta!!
Tamén aproveitamos para repartir unhas bolsiñas cun conto, no que os alimentos son importantes, coa mascota protagonista e un recetario no que as nenas e nenos, coa axuda das súas familias, porán unha das súas receitas caseiras favoritas. Este material estará unha semana con cada familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario