20 de decembro: Festas de aniversario de Novembro e Decembro

O mércores 19 de decembro as rapazas e rapaces de Educación Infantil xuntámonos na aula de 4 anos para festexar a última festa de aniversarios deste ano, o cumpreanos de Eloy, Roi e Clara.





Foi unha festa estupenda, na que desfrutamos compartindo os biscoitos, galletas e magdalenas que trouxeron os homenaxeados e na que ademáis fixemos unha degustación de productos de Nadal: turróns, polvoróns, mantecados,...

Todo estaba boísimo e pasámolo xenial xuntos!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario