14 de decembro: Polo Nadal...un conto

Unha das actividades de fomento da lectura e escritura que imos desenvolver durante o mes de decembro é un taller de escritura de cartas de Nadal... Pero no colexio soamente poderemos pedir contos ou libros informativos.
Para iso dispoñemos no corredor da biblioteca dun fantástico buzón que nos preparou Moncho con moito agarimo (como sempre... Graciñas, Moncho!!!!!)

As nenas e nenos de 5 anos, como xa van tendo soltura nesto de ler e escribir, foron os primeiros en decidirse a usar o buzón.


Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron as súas peticións, escribindo e debuxando os contos que lles gustaría ter na biblioteca.
 

E as pequenas e pequenos de 3 anos tamén prepararon as súas cartiñas cos contos que máis lle gustan!!!!


Agora soamente toda agardar e ver se o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos deciden deixarnos algún libriño!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario