Camiña con nós pola igualdade na clase de 5 anos

Camiña con nós pola igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de 6º de Educación Infantil, 2º, 4º e 6º de Primaria.  A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

(Información da web do concello de Vigo)

O mércores 28 de novembro as nenas e nenos de 5 anos ceñecimos a Elsa. Contounos un conto no que aprendimos a importancia de compartir os xoguetes cos nosos amig@s, irmáns, prim@s...que así a diversión será  maior. Tamén debatimos sobre se hai xoguetes para nenos ou para nenas e  despois de moito falar aprendimos que cada nen@ pode ter gustos diferentes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario