20 de novembro. Taller de cociña: torta de chocolate

Unha das actividades propostas no Proxecto Documental Integrado "SEMENTANDO SAÚDE" é que realicemos talleres de cociña por grupos, para que nos poidamos achegar á cociña e os alimentos de forma lúdica e manipulativa e se favoreza así o desenvolvemento de hábitos de alimentación saudables.
Durante este curso as nenas e nenos de Educación Infantil realizaremos xuntos diferentes talleres de cociña, e comezamos cun taller de experimentación de sabores (crema de cacao doce e paté de atún salgado) e a preparación dunha sinxela tarta con obleas e crema de cacao.




Foi unha experiencia estupenda, xa que desfrutamos da compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de etapa e da preparación e degustación da torta e o paté... Somos uns larpeiros!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario