Cando a xoaniña preguntou por unha receita dos países que estamos estudiando no colexio, as rapazas e rapaces de catro anos xa empezamos a pensar en cociñar.... Pero primeiro tivemos que investigar para saber que se comía en Marrocos: observamos vídeos dos zocos, dos productos que se podían comprar en eles e buscamos en libros de cociña receitas que se fixeran no noso país.
Atopamos unha receita de ARROZ CON LEITE que nos parecía bastante doada... e puxemos mans á obra. O resultado non foi moi bo, pero pasámolo moi ben preparándoo e xa estamos pensando en facer outro postre. Así que volveremos a intentar facer unha comidiña máis xeitosa!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario