A semana do 3 ao 7 de abril na clase de 4 anos tivemos como protagonista a Saúl. Foi un capitán estupendo, contounos moitas cousas da súa familia, compartiu os seus xoguetes con todos os seus amigos e amigas e falounos do que facía cando era máis pequeno. E o xoves recibimos aos seus pais, Estrella e Jose, que prepararon unha sesión de música para nós: escoitamos o baixo e a guitarra, bailamos, cantamos,... foi moi divertido!!!!
E, aínda que un pouco tarde, por fín temos o vídeo de Saúl!!!!
E a sesión de música do xoves foi tan estupenda que xa somos uns auténticos roqueros!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario