Actividades da Semana do Libro.

A volta das vacacións de Semana Santa comezaron as actividades da Semana do Libro.


O martes VISITAMOS A NOVA BIBLIOTECA e pareceunos estupenda: moito máis grande, con mesas e estanterías novas, un novo recuncho con sillóns para sentarnos,...e moitísimos libros novos.
Na biblioteca fixemos dúas actividades:

  • Entregáronse os agasallos do concurso do logo da Anpa Alborada, e unha das afortunadas foi Aroa Eiriz, que fixo un debuxo estupendo.
  • Colaboramos cos demáis compañeiros e compañeiras do colexio na decoración dos ventanais da biblio, facendo unhas fermosas bolboretas decoradas cos nosos personaxes preferidos.

O mércores foi o DÍA DA POESÍA e as rapazas e rapaces de primeiro recitaron para nós uns poemas moi divertidos. Estivemos moi atentos e gustáronnos moitísimo!!!




O xoves compartimos a hora de ler coas rapazas e rapaces maiores do cole. Cada un dos nenos e nenas de Educación Infantil recibir á súa MADRINA OU PADRIÑO LECTOR, que elexira un conto para ler. Non soamente desfrutamos da historia do libro, tamén foi unha actividade estupenda polo cariño que recibimos dos maiores do colexio e polo agradecidos e contentos que estaban os pequerrechos. 





E o venres remataron as actividades especiais da Semana do Libro coa actividade "AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN".  Nas aulas de Educación Infantil desfrutamos coas lecturas que prepararon para nós Marta (nai de Antía), María (nai de Aarón) e Belén (nai de Katia). Estivemos moi atentos e foi para todos e todas unha sesión de contacontos moi especial. Graciñas, mamis!!!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario