Aniversarios da Primavera

O venres 7 de abril festexamos o aniversario de Juanma, Elba, Antía, Valeria, Lucas e Alma. Todos eles naceron no mes de marzo e por iso foi unha festa moi "primaveral". Antes de merendar, todos e todas estivemos plantando cebolas no patio do cole... así que en pouco tempo teremos un xardín cheo de flores!!!!
E despois desfrutamos xuntos dunha estupenda merenda, grazas á colaboración das familias dos nenos e nenas homenaxeados. Parabéns rapaces e rapazas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario