Visitamos o Museo Liste.
O mércores 15 de marzo de 2017 fixemos a nosa primeira saida deste curso... e foi unha xornada estupenda!!! Todas e todos estabamos moi emocionados e desfrutamos moitísimo da viaxe en autobús, da visita á exposición e dos xogos nos xardines e parque do Museo. Ademáis aprendimos moitas cousas sobre os obxectos que usaban os nosos bisavós e bisavoas: ferros de pranchar, zocas, telares, ferramentas dos pastores, materiais das escolas,...
Se queredes ver máis información sobre o museo, premede neste enlace http://www.museoliste.org.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario