Carmen foi a protagonista da clase de 4 anos do 13 ao 17 de marzo de 2017, e foi unha semana moi animada. Pasámolo moi ben co seu canciño "Estrella", lendo o seu conto favorito, compartindo os seus xoguetes, e desfrutamos moitísimo da clase de maxia que prepararon os seus pais, Ángela e David,... Coas nosas variñas e capas debuxamos sen pinturas, conseguimos que apareceran caramelos nunha caixiña baleira,... ata a raposa Katy adiviñou a carta que tiña Axel escondida!!! Foi unha mañá divertidísima. E Carmen foi unha protagonista moi divertida!!!!
Este é o vídeo da raposa Katy... coñecímola o luns, cando Carmen comezou a súa semana de protagonista....e gustounos moitísimo!!!
E esta foi a súa despedida... é unha maga estupenda!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario