Calima, protagonista

A semana do 20 ao 24 de marzo de 2017 a protagonista na clase de 4 anos foi CALIMA. Pasámolo moi ben con ela, contounos moitas cousas da súa vida e da súa familia, compartiu un conto moi bonito (que o seu irmán Enzo lle deixara a ela) e xogamos co seu canciño de peluche e coa súa "Ayita", a súa boneca preferida que todos os seus amigos e amigas coñecen moi ben.. O xoves estiveron na clase o seu irmán Enzo e a súa mamá, Ana, e o seu pai, Edu, e con eles fixemos uns títeres moi xeitosos e xogamos facendo "pompas" de xabón... que ben o pasamos!!!!



Calima foi unha capitana xenial!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario