JONATHAN, PROTAGONISTA

E por fin temos o vídeo de Jonathan!!!!!!! Foi un protagonista estupendo e pasámolo moi ben todas e todos na clase durante toda a semana: falounos da súa familia, contounos moitas cousas, compartiu un xogo moi divertido no que tíñamos que quitarlle unha xoia a unha serpe (e non era doado!!!).
E o xoves estivemos na clase cos seus pais, Alexandra e Jose, que son uns "científicos" estupendos: estivemos todo o tempo abraiados!!!!! Foi unha xornada moi divertida!!!
 Jonathan foi un protagonista estupendo, gustounos moito que estivera tan falador e participativo... unha experiencia enriquecedora para todos!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario