Visita dos alumnos e alumnas do IES CARLOS CASARES
O martes, 29 de maio, recibimos unha visita moi especial. Como é habitual, as nenas e nenos de 1º da ESO do IES CARLOS CASARES organizan contacontos para nós a partir dos textos dos escritores homenaxeados no día das Letras Galegas. Este ano, ademáis de representar obras de Mª Victoria Moreno, contáronnos a historia de Martín Códax e o Pergamino Vindel (xa que foi o seu proxecto documental integrado este curso).
Desfrutamos moito coa visita e os contacontos. Moitas grazas, rapazas e rapaces!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario