As últimas actividades do curso...
Museo do S.XX
"Graduación" das nenas e nenos de 5 anos.
O mércores 21 de xuño xuntámonos todos os nenos e nenas de Educación Infantil e os rapaces e rapazas de 1º e 2º para facer a "graduación" dos nenos e nenas de 5 anos.
Saída ao Monte Aloia
Museo do S.XX
Durante todo o curso nas clases de Educación Infantil estivemos coñecendo o século XX. Achegámonos aos inventos, cantantes, artistas, mulleres importantes, contos, xogos,... seguindo as pautas do proxecto documental integrado organizado polo Equipo de Biblioteca do centro. Todos os traballos dos nenos e nenas do colexio (tamén os de Infantil) foron recollidos polas mestras nun Museo fantástico, con distintos pavillóns, que puideron visitar os nosos familiares o mércores 20 de xuño.
O mércores 21 de xuño xuntámonos todos os nenos e nenas de Educación Infantil e os rapaces e rapazas de 1º e 2º para facer a "graduación" dos nenos e nenas de 5 anos.
Saída ao Monte Aloia
As nenas e os nenos de Educación Infantil rematamos o curso participando nunha saída ao Monte Aloia cos nosos compañeiros e compañeiras. Primeiro fixemos un roteiro ata o Mirador da Gran Cruz, merendamos e xogamos xuntos, e rematamos coñecendo o Centro de Visitantes e a Senda Botánica.
Foi unha saída estupenda, pasámolo xenial paseando polo monte, coas vistas dende o mirador, desfrutando da merenda, aprendendo no Centro de Visitantes,...



Ningún comentario:
Publicar un comentario