28 de maio
O luns 28 de maio, os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos na Sede de Afundación de Vigo a exposición A ARTE NO CÓMIC.
Ademáis de aprender que o cómic é unha forma máis de arte, coñecimos a Pikiblinder (un personaxe creado por Jacobo Fernández Serrano) e seguindo as súas pistas observamos a colección.
Tamén participamos nun taller no que fixemos a nosa propia viñeta de cómic con personaxes de obras clásicas facendo deporte.
Pasámolo moi ben!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario