Un curso enteiro utilizando a biblioteca
Agora que está rematando o curso, cómpre lembrar que todas as semanas os nenos e nenas de Educación Infantil visitan a biblioteca coas súas profes.
Dende principio de curso, o Equipo de Biblioteca preparou para nós as Mochilas Viaxeiras, cheas de libros, revistas, materiais musicais,... para que desfrutemos na casa durante unha semana.
Todos os xoves realizan unha sesión de contacontos coas profes Anuska, Paula e Patri, compatindo os mellores contos infantís da biblioteca.
Ademáis cada grupo conta cunha sesión semanal para poder realizar tarefas de formación de usuarios (que nos permiten coñecer mellor os espazos e materiais da biblio) e para facer os préstamo (xa que todos podemos levar dous materias para desfrutar deles durante unha semana nas nosas casas).




Ningún comentario:
Publicar un comentario