Festa de aniversarios
O venres 27 de abril festexamos o aniversario de Xián, Sabela, Aroa, Aarón, Jonathan e Yeray.
E xa que por fin chegou a primavera, fixemos todos xuntos unha sementeira. Coa axuda de Moncho, que nos preparou a terriña con moito agarimo, puxemos sementes de distintas flores e cabazas...
Despois todos xuntos compartimos unha deliciosa merenda, con fresas, plátanos e biscoitos riquisimos.
Outra festa espectacular!!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario