O mércores 2 de maio as nenas e nenos de Educación Infantil estivemos no Estadio de Balaídos. Visitamos o Museo e vimos algunhas das copas e trofeos que gañou o Celta de Vigo e coñecimos un pouco sobre a súa historia. Tamén visitamos os vestiarios e puidemos pasear arredor do campo.
Pasámolo estupendamente!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario