13 de xaneiro: proxecto de investigación sobre os morcegos en 5 anos.



Durante o primeiro trimestre do curso as nenas e nenos de 5 anos coñeceron a Marcelo, un simpático morcego ao que lle encanta comer grelos. Pasáronno estupendamente escoitando o conto e participando nas activiades de investigación sobre os morcegos. Primeiro recoñeceron que era o que xa sabían e despois cales eran as cousas que lles gustaría coñecer. Utilizaron libros da biblioteca para facer as contestar a estas preguntas, e tamén a información que buscaron cos seus familiares. E xuntos aprenderon moitas cousiñas e desfrutaron moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario