Despois de ler o conto "Sentimientos" os pequenos e pequenas falaron das súas alegrías, tristezas,... e medos.
E apareceu o medo a escuridade, pero no conto aprenderamos que as emocións podían cambiar nun momentiño, e quixemos probalo.
Pedímoslle ao noso amigo Roi, da clase de 5 anos, o seu precioso coelliño luminoso, e cando íamos cara a biblioteca atopámonos con Inés, Sofía, Fátima, María, Andrés e Melanie, que se ofreceron sen dubidalo para axudarnos.
E no seguinte vídeo podedes descubrir o fantástico momento que vivimos xuntos....
...xa non había medo á escuridade, soamente alegría e cariño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario