Venres, 17 de novembro.

Comezan os "patios dinámicos".


A profe Maribel e a profe Patri prepararon este ano unha novidade nos patios. Algúns días imos a facer "patios dinámicos", xogos dirixidos polas rapazas e rapazas de 6º de Primaria para os demáis nenos e nenas do colexio (os máis pequenos e pequenas aínda non participan, pero pronto xogarán cos demáis). Trátase de facer xogos en equipo, colaborando con nenos e nenas de distintas clases, para pasalo moi ben todos xuntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario