Luns, 7 de novembro de 2017

"Camiña con nós pola Igualdade" na clase de 5 anos.

Camiña con nós pola Igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
(Información da web do Concello de Vigo)

O xoves 2 de novembro as nenas e nenos de 5 anos coñecimos a Elsa, a monitora desta actividade, e contounos o conto de "Iriña Bailarina" (que está incluído na nosa mochila viaxeira).

Despois falamos do que nos gusta facer a nós e debatimos sobre se hai xogos para nenas ou para nenos... e aínda que todos dixemos que non, a algúns nos pareceu un erro que Lucas -o boneco de futbolín protagonista do conto- levara un tutú.

Por problemas coa conexión de rede, non puidemos ver este vídeo que nos recomendou Elsa, pero queda aquí para que o poidamos desfrutar cando o desexemos...
Temos moito que falar, xogar, ver,... para evitar este tipo de estereotipos... Na clase sempre decimos que "temos que facer as cousas dende o corazón", e que "hai que intentalo"... E así seguiremos traballando para desfacernos de prexuízos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario