Teatro intercentros cos nenos e nenas do Ceip Seis do Nadal

O pasado martes, 30 de abril, recibimos a visita dos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do Ceip Seis do Nadal, que viñeron a representar a obra "O Mago de Oz" . O teatro intercentros é unha actividade que forma parte das Xornadas Municipais de teatro escolar, na que este ano participan as nenas e nenos de 5 anos do noso cole. Nas vindeiras semanas tocáralle os nosos alumnos visitar o Ceip Seis do Nadal e representar a obra que teñen preparada. Moitas grazas pola visita e polo rato tan bo que pasamos. Vémonos pronto!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario