DÍA DA PAZ

 ESTE É O NOSO GRANIÑO DE AREA PARA QUE ES NOSAS RELACIÓNS ESTÉN CHEAS DE PAZ E RESPECTO POL@S DEMAIS.



EN EDUCACIÓN INFANTIL TRABALLAMOS A PAZ A TRAVÉS DE XOGOS  E CONTOS, COMA O SEGUINTE. 







O noso Nadal

ESTE ANO CELEBRAMOS O NADAL COAS NOSAS E NOSOS AMIGUIÑOS DA CLASE, FIXEMOS RECEITAS E MANUALIDADES DE NADAL, TOMAMOS CHOCOLATE E CELEBRAMOS AS BADALADAS PARA CELEBRAR A CHEGADA DO ANO NOVO. 






















 

O venres 30 de outubro celebramos no noso cole o SAMAGOSTÍN (MAGOSTO E SAMAÍN). As nenas e nenos viñeron disfrazados para facer actividades típicas de esta época do ano (como manualidades ou contos de medo). Tamén durante o recreo disfrutamos de ricas castañas asadas grazas ao noso conserxe Dani. Estas son algunhas fotos de estos momentos.













Tamén grazas as familias puidemos disfrutar dunha magnífica exposición de cabazas decoradas con motivos mariños, xa que o noso proxecto anual de centro é MERGÚLLATE NO MAR.






Contacontos coas familias de E.I.

Hoxe comezamos as sesións de contacontos coas familias do alumnado de E.I. A primeira en comezar foi Encarna, nai de Diego da aula de 3 anos. Pasamos un rato estupendo!!

Moitas Grazas!!


Mes da ciencia en galego

Este mes é o mes da ciencia en galego e os nenos de nenas de 4 anos convertéronse en científic@s facendo este experimento: os vasos comunicantes.

Para facelo encheron de auga os vasos dos extremos e deixaron baleiro o do centro. Teñiron con colorante alimenticio a auga con dúas cores primarias (amarelo e azul), colocaron papel de cociña doblado cunha punta dentro da auga e a outra punta no vaso baleiro e agardaron ata o día seguinte para ver o resultado.
A auga "camiñou" polo papel e chegou o vaso do medio, alí mesturáronse as cores e apareceu a cor verde.