Saída ao supermercado e merenda saudable.
As rapazas e rapaces de Educación Infantil desfrutamos dunha nova saída o xoves 15 de marzo. Esta vez visitamos o supermercado Gadis que está na rúa Rosalía de Castro.
Alí aprendimos o importante que é coñecer os alimentos que podemos atopar para seleccionar os que son mellores para a nosa saúde. Visitamos a froitería e recoñimos cal é o país de orixe dalgunhas froitas, aprendimos a recoñecer cales son as galletas que teñen menos azúcares, o importantes que son as conservas,... e pasámolo moi ben na pescadería, coñecendo a diferenza entre os peixes blancos e azuis.
Ademáis aproveitamos a visita para facer a compra, xa que o venres fixemos uns estupendos "talleres de cociña" nas aulas, e compartimos unha merenda deliciosa e moi saudable.
Os nenos e nenas de 3 anos prepararon uns sandwiches de pavo e queixo boísimos.
Os rapaces e rapazas de 4 anos elaboraron dous tipos de paté: de atún e de mexilóns.
E os maiores cortaron plátanos e fresas para que os puideramos comer bañados en chocolate.
Estaba todo boísimo!!!! E... como sempre... pasámolo xenial xuntos!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario