Martes, 19 de Decembro

Festa de aniversarios e Nadal.

Xa non falta nada para que chegue o Nadal, e as nenas e nenos de Educación Infantil aproveitamos estas datas para festexar o aniversario das pequenas e pequenos que naceron nos meses de novembro e decembro.
Adornados con gorriños de Papá Noel, cornos de reno e laciños, pasámolo xenial e desfrutamos moito da merenda que compartiron con nós Paula, Eloy, Clara , Leire e Rodrigo. Faltou o noso compañeiro Roi, pero outro día cantaremos para el os seus parabéns.


Ningún comentario:

Publicar un comentario