O DROMEDARIO ALÍ

 O luns 13 de febreiro, mentres as nenas e nenos de 4 anos estábamos no ximansio facendo Psicomotricidade, chegou á nosa clase un amigo moi especial... Un dromedario!!!!
Tan cansadiño estaba que pensamos que viaxou dende o deserto do Sahara para coñecernos, ou que o mandou algún neno marroquí para que xogaramos con el... Así que agora teremos que coidalo moito, lerlle contos, cantarlle cancións... Seguramente estará con nós moi contento!!!!!!
Benvido ALÍ!!!!
 (Ese foi o nome marroquí que máis nos gustou, aínda que como nos gustaban varios tamén lle puxemos apelidos, o seu nome completo é  Alí Abdellah Hassan)

Ningún comentario:

Publicar un comentario