
Primeiro desfilamos cos nosos compañeiros no ximnasio e desfrutamos dun baile preparado polos maiores do cole.
Durante toda a mañá participamos nos talleres que os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º prepararon para nós: fixemos unha bruxa coa pegada da nosa man, cociñamos un menú terrorífico, pintáronnos as unllas e a cara, decoramos un "chupa-chup" coma se fora un Drácula, e pasámolo moi ben cunha representación de monicreques.
E na hora da merenda desfrutamos dunhas riqúisimas castañas e choripán!!!!! Que boísimos estaban!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario